Seminario “A infraestrutura verde como estratexia de planificación do territorio”

O vindeiro 11 de outubro, na sede da Fundación Paideia Galiza, celebraranse o seminario “A infraestrutura verde como estratexia de planificación do territorio“, organizadas pola Cátedra EMALCSA-UDC e a Agrupación Estratéxica CITEEC en colaboración co Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.

A infraestrutura verde representa unha ferramenta de planificación de eficacia probada que pode mellorar a resiliencia territorial e a mitigación do cambio climático, aparte de solucionar outros problemas medioambientais como a fragmentación ou a coherencia ecolóxica, e incluso mellorar a saúde pública. En medio urbano é unha necesidade imperiosa debido ao vertixinoso crecemento da poboación e das cidades, recordemos que case o 80% da poboación española vive en urbes. A Unión Europea dispuxo que todos os países membros deseñen a súa estratexia estatal en materia de infraestrutura verde, e despois as Comunidades Autónomas terán que facer o propio en coherencia coa estatal. Trátase, por tanto, dun imperativo europeo que ademais é unha necesidade para facer fronte á realidade do século XXI.

O prazo de inscrición abrirase dende o 3 ao 10 de outubro, a través da páxina web da Cátedra EMALCSA-UDC, implicará un custo de 50€ de matrícula ordinaria e gratuita para estudantes. (Aforo limitado, admisión por rigorosa orde de pago)

Inscrición

Tríptico do Seminario