Áreas tecnolóxicas

Áreas tecnolóxicas

As áreas tecnolóxicas da Agrupación son as seguintes:

01

Construción limpa, deseño estrutural e desenvolvemento industrial

A redución do consumo de recursos naturais no sector industrial supón un importante desafío para frear os efectos do cambio climático. Os informes do Pacto Verde Europeo (European Green Deal) advirten que só o 12% dos materias utilizados neste sector procede da reciclaxe e, ademais, compre optimizar o modelo enerxético na construción e na edificación. Neste eido, a A-CITEEC dispón de persoal investigador e de acceso a instalacións punteiras para desenvolver liñas de acción que reduzan as emisións contaminantes derivadas da explotación dos recursos naturais, e aposten pola reutilización e aproveitamento de materiais subprodutos ou coprodutos da construción civil para, favorecendo o desenvolvemento industrial cara unha transición ecolóxica xusta.

Entre as liñas de investigación que se impulsarán dende a agrupación se atopan as seguintes:

  • Desenvolvemento e aplicación de novos materiais de construción e mellora das súas prestacións;
  • Reutilización de residuos e coprodutos de firmes de estradas para a obtención de bioasfaltos a partires de biomasa ou subprodutos industriais de orixe vexetal;
  • Optimización da planificación, dirección, xestión e avaliación de proxectos construtivos;
  • Optimización de estruturas de enxeñería civil e análise do comportamento estrutural de sistemas de xeración e transporte de enerxía para unha planificación sustentable;
  • Deseño estrutural de edificacións singulares, análise estrutural e patolóxica de edificacións históricas, e rehabilitación e recuperación de estruturas danadas.
S_SDG_Icons-01-18
S_SDG_Icons-01-09
S_SDG_Icons-01-11
S_SDG_Icons-01-12
S_SDG_Icons-01-13

02

Mobilidade sustentable e transportes intelixentes e integrados

Entre as iniciativas políticas globais encóntrase a redución dos gases de efecto invernadoiro nos transportes xa que representan a cuarta parte do total das emisións á atmosfera. Neste sentido, as principais liñas de acción van encamiñadas a mellorar a mobilidade urbana, impulsando o uso de transportes públicos e privados máis limpos, eficientes e saudables. A aparición de novas ferramentas de dixitalización, como o Internet das Cousas (IoT), permitirá acadar unha mobilidade automatizada, intelixente e menos contaminante. Ademais, a aposta pola intermodalidade no transporte público e de mercadorías permitirá competir co transporte individual por estrada e mellorará os sistemas loxísticos, respectivamente.

Entre as liñas de investigación que se impulsarán dende a agrupación se atopan as seguintes:

  • Desenvolvemento de sistemas dinámicos de xestión e análise do tráfico en estradas e autoestradas;
  • Impulso da condución cooperativa (sistemas V2X e platooning) e da mobilidade baixo demanda “Mobility as a Service” (Sharing, ride-hailing e P2P);
  • Mellora dos sistemas intermodais de transporte urbano e de mobilidade sustentable, da loxística e do transporte de mercadorías;
  • Desenvolvemento de sistemas de xestión e toma de decisións na operatividade dos portos para acadar unha maior eficiencia no transporte de mercadorías;
  • Mellora dos deseños aeronáuticos co obxectivo de reducir o tempo das viaxes, as emisións e o ruído, e garantindo os niveis de seguridade;
  • Análise e visualización de datos xeolocalizados para procurar unha mobilidade eficiente e segura.
S_SDG_Icons-01-18
S_SDG_Icons-01-09
S_SDG_Icons-01-11
S_SDG_Icons-01-14

03

Recursos hídricos, medio ambiente e cambio climático

A xestión da auga e do medio ambiente supón un dos maiores desafíos para a sociedade nos próximos anos. O escenario de cambio climático no que nos atopamos precisa de accións para coñecer os riscos e as consecuencias sobre o medio natural e a sociedade.

Entre as liñas de traballo do persoal investigador da A-CITEEC destaca a avaliación dos efectos do cambio climático nos episodios de inundacións e de secas, poñendo especial interese na xestión do risco de inundacións. Outra das liñas está relacionada coa hidroloxía urbana, que procura un modelo de cidades que favorezan o desenvolvemento urbano sensible á auga (DUSA) e a potenciación dos sistemas urbanos de drenaxe sustentable (SUDS). De este xeito, resultará importante a xestión integrada da contaminación en sistemas de saneamento e de drenaxe. Dadas as condicións medioambientais en Galicia, tamén se traballa na análise de presións e control da salinidade, temperatura e vertidos de augas residuais nas rías. Ademais debido ao carácter rural do noso territorio, o persoal investigador afonda nos retos da xestión da auga no medio rural, na hidroxeoloxía e na calidade das augas naturais.

Entre as liñas de investigación que se impulsarán dende a agrupación se atopan as seguintes:

  • Preservación e mellora do medio ambiente e adaptación ao cambio climático e global;
  • Xestión sustentable de recursos hídricos, enerxéticos e economía circular.
S_SDG_Icons-01-18
S_SDG_Icons-01-02
S_SDG_Icons-01-03
S_SDG_Icons-01-06
S_SDG_Icons-01-07
S_SDG_Icons-01-13

Resultados 2018-2020

Distribución da financiación captada en porcentaxe por área tecnolóxica no período 2018-2020

No período 2018-2020 a Agrupación Estratéxica CITEEC captou arredor de 10 M€ en financiación en máis de 150 proxectos, incluíndo tanto proxectos de investigación (nacionais e internacionais) como de contratos e convenios. Se analizamos os proxectos, en función das tres grandes áreas tecnolóxicas, encontrámonos coa seguinte distribución: