Que é a Agrupación Estratéxica CITEEC?
Único polo de excelencia en I+D+i e transferencia singular do Sistema Universitario Galego no ámbito da enxeñería civil.
A Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (A-CITEEC) é unha iniciativa de agregación de nove grupos de investigación da Universidade da Coruña.
Pretende mellorar e intensificar a investigación e a transferencia de coñecemento no ámbito da enxeñería e edificación sustentables co obxectivo de fomentar o benestar das persoas, o desenvolvemento económico e a optimizacion dos servizos ecosistémicos.
Emprega como ferramentas a análise experimental altamente tecnificada e a análise numérica.
Alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), as prioridades da Estratexia RIS3, da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e Innovación 2013-2020 e da Estratexia Europea no H2020.
Obxectivos