Servizos a empresas

Investigación e transferencia

A Agrupación CITEEC é xeradora de coñecementos de alto nivel que son transferidos ao tecido produtivo fundamentalmente a través da colaboración con empresas e institucións, tanto PEMES como firmas líderes a nivel mundial, contribuíndo a aumentar a súa capacidade de innovación e competitividade.

Servizos da Agrupación CITEEC:

Solucións tecnolóxicas
ad-hoc

Desenvolvendo proxectos de investigación e innovación conxuntamente coa empresa ou institución

Asesoramento de alto nivel

Servizo de acompañamento personalizado de carácter tecnolóxico de acordo coas necesidades da entidade

Formación

Programas de formación a medida de profesionais e empresas relacionadas con tecnoloxías e capacidades da Agrupación

Talento CITEEC

Incorporación de profesionais formados en CITEEC a través de contratación de titulados, prácticas de empresas ou outra fórmulas de colaboración