Instalacións e equipamentos
A Agrupación conta coas instalacións e equipamentos do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, o CITEEC. É unha infraestrutura singular que está á vangarda internacional da tecnoloxía e a experimentación en enxeñería civil. Situado no Campus de Elviña, é sen dúbida un dos centros máis avanzados da UE no seu campo de actividade.