Reunión do Comité Asesor Científico Externo da Agrupación Estratéxica CITEEC

Reunión do Comité Asesor Científico Externo da Agrupación Estratéxica CITEEC

A-CITEEC

Mércores, 02 de Outubro de 2019

O pasado 27 de Setembro tivo lugar a constitución e primeira reunión do Comité Asesor Científico Externo da Agrupación Estratéxica CITEEC.

O Comité Asesor Científico Externo está constituído por representantes institucionais e empresariais de recoñecido prestixio e vinculados coas prioridades científicas da Agrupación. Ten entre as súas funcións asesorar sobre a estratexia xeral da Agrupación, reforzar o vinculo co tecido empresarial e favorecer fórmulas de colaboración nos ámbitos da I+D.

A xornada comezou con unha visita ás instalacións do CITEEC onde os integrantes do comité puideron dar conta do potencial dos grupos que forman parte da Agrupación. Despois da visita procedeuse a unha reunión na Sala de Visualización do centro onde parte do Comité se conectou vía videoconferencia. Durante esta reunión o Presidente do Comité, Fermín Navarrina, expuxo as estratexias que guiarán os pasos da Agrupación nos próximos anos así como un repaso polas actividades máis relevantes realizadas neste primeiro ano de vida.

No fin, o Comité fixo propostas de mellora en algúns aspectos e valorou moi positivamente o camiño percorrido animando aos integrantes a continuación da actividade e a mellora continua.