Xornada sobre convocatorias do European Innovation Council

Jornada European Innovation Council

Unha das máis relevantes novidades na fase final do Programa Marco H2020 ten sido a creación do European Innovation Council (EIC), que concentra a maior parte das convocatorias europeas destinadas ao financiamento da innovación e está dotado dunha inxente cantidade de fondos.

As convocatorias do EIC (FET Open, FET Proactive, FTI, SME Instrument, etc.) supoñen un marco axeitado para a presentación de propostas colaborativas entre a Empresa e a Universidade, así como para a interacción co tecido emprendedor máis innovador e disruptivo.

Co obxectivo de informar á comunidade investigadora da UDC e ao ecosistema empresarial das oportunidades existentes nas devanditas convocatorias, a OTRI organiza unha xornada monográfica que terá lugar o vindeiro día 12 de setembro (xoves) de 10:00 a 13:00 hrs., na Sala de Graos da ETSI de Camiños, Canais e Portos, no Campus de Elviña.

Na mesma, contaremos coa participación como relator de Luis Guerra, Técnico do CDTI, Delegado Español para H2020 SME e membro do Access to Risk Finance Programme Committee.

No seguinte enlace pódese formalizar a INSCRICIÓN

Esperamos que a xornada sexa do teu interese.