Xornada A-CITEEC: Resultados 2018-2020 e presentación das liñas estratéxicas

 

 

A Agrupación Estratéxica CITEEC organiza o vindeiro martes 15 de decembro de 11:00 a 12:30 horas a xornada en liña “Xornada A-CITEEC: Resultados 2018-2020 e presentación das liñas estratéxicas“.

A xornada divídese en dous bloques de intervencións, no primeiro deles haberá unha benvida á xornada por parte do Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, e unha presentación por parte do Coordinador da Agrupación Estratéxica CITEEC, Jerónimo Puertas, nas que se amosarán os resultados acadados pola A-CITEEC no seu período de vixencia 2018-2020.  No segundo bloque haberá tres presentacións correspondentes a cada unha das áreas tecnolóxicas definidas no Plan Estratéxico da A-CITEEC:

  • Recursos hídricos, medio ambiente e cambio climático. Luis Cea
  • Construción limpa, deseño estrutural e desenvolvemento industrial. Fernando Martínez Abella
  • Mobilidade sustentable e transportes intelixentes e integrados. Marga Novales

 

Nestas presentacións os/as relatores/as amosarán as súas liñas actuais de investigación e as relacións actuais ou posibles con outros/as investigadores/as de outros grupos de investigación dentro da A-CITEEC.

Dadas as circunstancias actuais, esta xornada organizarase a través dun evento en Microsoft Teams.
ENLACE Á XORNADA (Este enlace está dispoñible para o público xeral).