INTERLABS: Xornada de Divulgación Científica entre Estudantes. 10 Decembro/2020

 

 

8ª Edición da Xornada de Divulgación Científica entre Estudantes. INTERLABS

A Agrupación Estratéxica CITEEC xunto ca Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC organizan a octava edición da Xornada de Divulgación Científica entre Estudantes INTERLABS a través da ferramenta de Microsoft Teams, dadas a situación excepcional na que nos atopamos. Pese a estas condicións, a nosa actividade investigadora non para #UDCnonPara. Esta xornada celebrarase o vindeiro 10 de Decembro ás 11:30 e terá unha hora de duración.

Os/As protagonistas serán estudantes que presentarán traballos de investigación. Cada presentación contará con 7′ minutos de exposición e 3′ de preguntas. Para participar deberase enviar o título da presentación ao enderezo electrónico agrupacion.citeec@udc.es. Nota: non é necesario que volvan a enviar o resumo os/as estudantes que xa o presentaron para edicións pasadas.

Esta iniciativa pretende dar maior visibilidade ás investigacións que se levan a cabo tanto no CITEEC como na Escola de Camiños e nas Escolas de Arquitectura e Arquitectura Técnica, crear un punto de encontro entre estudantes de doutoramento con toda a comunidade universitaria (pas, alumnado de grado/master, pdi…) e promover, na medida do posible, a interacción entre grupos/áreas/departamentos que facilite a cooperación e o enfoque multidisciplinar.

Ligazón ao evento a través da aplicación Microsoft TEAMS