Representantes da administración de Ports de la Generalitat de Catalunya visitan o CITEEC

Representantes da administración de Ports de la Generalitat de Catalunya visitan o CITEEC

A-CITEEC

Mércores, 2 de Decembro de 2020

A delegación estivo encabezada polo seu Director Xeral Joan Pere Gómez Comes

No día de onte unha delegación de Ports de la Generalitat de Catalunya, encabezada polo seu Director Xeral Joan Pere Gómez Comes, visitou o CITEEC para seguir a evolución dos ensaios que se están a desenvolver na dársena de portos por investigadores do GEAMA. Trátase dun modelo físico do Porto de Les Cases d’Alcanar para o que se busca unha solución orientada a que as embarcacións non teñan que procurar portos veciños en situacións de temporal, como o temporal Gloria (xaneiro 2020). Cos resultados obtidos no modelo físico do CITEEC, redactarase a partires de xaneiro un proxecto construtivo para mellorar a operatividade deste porto.

Modelo físico do porto de Les Cases d’Alcanar situado na dársena do Laboratorio de Portos e Costas do CITEEC