Xornadas de Clausura da rede Artigo9Tech

 

 

A rede interuniversitaria Artigo9Tech conclúe o seu ciclo de vida formal despois de dous anos no marco da financiación concedida pola Xunta de Galicia e Cooperación Galega no ano 2019. Foron dous anos propicios para o diálogo, o coñecemento mutuo, e as actividades compartidas entre os seus membros, socios e colaboradores. Dous anos de traballo e colaboración arredor da cooperación e a educación para o desenvolvemento, desde a perspectiva das disciplinas técnicas, tecnolóxicas e da construción.

Para celebrar os resultados e os avances da rede, Artigo9Tech reúnese coa súa comunidade e abre (de forma virtual) as portas da súa rede en dúas sesións de peche, as Xornadas de Clausura de Artigo9Tech. A primeira sesión, que terá lugar online o mércores 25 de novembro de 2020, ás 11:00, centrarase na educación para a cooperación ao desenvolvemento. Mentres a segunda sesión, terá lugar online o martes 1 de decembro de 2020, ás 11:00, e centrarase no papel da investigación para a cooperación ao desenvolvemento. Ambas sesións terán lugar a través da plataforma Teams, co apoio técnico da Agrupación Estratéxica CITEEC. Incluirán presentacións dos membros da Rede e presentación invitadas: o obxectivo non é só comunicar os logros e os resultados dos proxectos dos seus integrantes, senón ter unha oportunidade máis de crear rede e facer equipo con outras persoas que traballen nos mesmos temas e se aproximen a eles desde unha perspectiva compartida (outras comunidades, outras universidades ou outros eidos).

Pódese acceder á reunión a través das seguintes ligazóns:

 

Fonte: Artigo9Tech