A Oficina Española de Patentes e Marcas concede ao GEA o Modelo de Utilidade para o forxado mixto AlveoTCC

A Oficina Española de Patentes e Marcas concede ao GEA o Modelo de Utilidade para o forxado mixto AlveoTCC

A-CITEEC

Mércores, 30 de Setembro de 2020

O Modelo de utilidade “ES 1 242 743” foi concedido a varios integrantes do Grupo de Investigación de Estruturas de Madeira do GEA

Oficina Española de Patentes e Marcas acaba de conceder a varios investigadores do Grupo de Estruturas Arquitectónicas #GEA, da Agrupación Estratéxica CITEEC, o Modelo de Utilidade para o forjado mixto AlveoTCC. Entre as vantaxes deste modelo destacan:

Ecoeficiencia
Produto ecolóxico e ecoeficiente dende o punto de vista do impacto ambiental e a sustentabilidade. Non se emplean conectores metálicos, nin barras encoladas. A conexión madeira-formigón realízase a través das perforacións nos taboleiros. Materiais de proximidade. Redución sistemática de materiais auxiliares, o cal de cara a unha industrialización do sistema por parte dunha empresa dedicada íntegramente á madeira reduce a dependencia de outros oficios e empresas auxiliares.

Lixereza
Solución moi lixeira que permite conseguir elevados cantos con un peso propio reducido. Un forxado de 30 cm de espesor pesa ao redor de de 200 kg/m2. O incremento de canto ten unha moi reducida repercusión no peso propio, xa que a resistencia e a rixidez da solución conséguese a base de dispoñer as “lousas”, superior de formigón e inferior de glulam máis separadas. Manexabilidade dos materiais durante as diferentes fases de execución, en taller en fase de premontaxe, en transporte e en colocación.

Elevada resistencia
Forxado de elevadas prestacións grazas á disposición de elementos continuos superficiais: lousa de formigón superior e “lousa” inferior de glulam.

Excelente comportamento frente a deformacións
Grazas á utilización dunha sección alveolar de gran inercia. Ademais gran facilidade para proporcionar contrafrecha ao sistema

Materiais estándar
Forxado de elevadas prestacións utilizando materiais de calidade standard: GL24h, taboleiros contrachapados de abeto, formigón HA-25.

Solución fácilmente prefabricable e estandarizable.
Permitindo a súa preparación previa en taller coa conseguinte redución dos tempos de execución.

Vantaxes que aporta a sección mixta
A utilización dunha sección mixta empregando unha lousa superior de formigón de reducido espesor permite que con un pequeno incremento de peso propio en relación a unha solución integral de madeira, se mellore de forma sustancial a rixidez nun plano, o monolitismo e o comportamento global frente a vibracións. Así mesmo, mellórase o aillamento acústico, ao tempo que o acabado superior de formigón evita a problemática fronte ao rozamento dunha solución integral en madeira, permitindo o uso directo sen unha protección adicional da superficie. O efecto de monolistismo implícito no formigón ao que nos acostuamos cos sistemas estruturais actuais, aportando a melloría en términos de confort (vibración) fronte a unha solución de todo-madeira.

Comportamento fronte ao lume
A solución alveolar con unha capa inferior continua de madeira laminada e superior de formigón proporciona unha elevada resistencia ao lume quedando a madeira vista e prescindindo de elementos adicionais de protección.

Unións estándar
Aa solución alveolar permite dispoñer nas súas cabezas elementos de conexión e/ou apoio compatibles cos ferraxes estandarizados existentes no mercado, quedando ademais ditos ferraxes ocultos cos efectos beneficiosos de tipo estético e de protección contra o lume que conleva.

Unións ríxidas/semirríxidas
A solución mixta permite incorporar armaduras dentro da lousa de formigón o que faculta para realizar pezas en continuidade ou para o emprego de unións semirríxidas nos apoios, o que redunda nun incremento sustancial da eficacia do tipo estrutural.

En relación con este Modelo de Utilidade, o Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu o seguinte proxecto de I+D+i: Forjados alveolares mixtos madera-hormigón de altas prestaciones para una construcción sostenible y ecoeficiente (AlveoTCC).