Investigadores do GEA despregan un módulo-vivenda nos aledaños da ETSAC

Investigadores do GEA despregan un módulo-vivenda nos aledaños da ETSAC

A-CITEEC

Xoves, 24 de Setembro de 2020

O módulo está deseñado para axilizar os procesos de transporte de vivendas en situacións de emerxencia

Os aledaños da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Univerisdade da Coruña acolleron a despregadura dun módulo-vivenda, que melloraría a habitabilidade en situación de emerxencia. Esta demostración forma parte do proxecto Construcciones desplegables y modulares para situaciones de catástrofe humanitaria” financiado polo MINECO, e liderado polos investigadores Manuel Muñoz VidalIsaac Rodrigo López CésarJuan Bautista Pérez Valcárcel e Félix Leandro Suárez Riestra, membros do Grupo de Estruturas Arquitectónicas GEA da Agrupación Estratéxica CITEEC.

Esta liña de traballo liderada por estos investigadores ven de recibir recentemente o premio Tsuboi da International Association for Shell and Spatial Structures (IASS), pola publicación do artigo “A new approach to expandable structures: crossed expandable frames (X-Frames)”, elixido como o máis meritorio do Journal of the IASS no ano 2019. Ligazón á nova.

Vídeo resumo da montaxe do módulo

Esta nova tivo un bo impacto e foi recollida por diferentes medios de comunicación:

La Voz de Galiciahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2020/09/24/casa-10-minutos/0003_202009202009241600947601396.htm
La Opinión de A Coruñahttps://www.laopinioncoruna.es/coruna/2020/09/25/casa-15-minutos-pierde/1537111.html
El Españolhttps://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/asi-es-la-casa-desplegable-que-construyeron-en-solo-unos-minutos-en-a-coruna