Integrantes do GEA reciben o galardón Tsuboi Award de la International Association for Shell and Spatial Structures (IASS)

Integrantes do GEA reciben o galardón Tsuboi Award de la International Association for Shell and Spatial Structures (IASS)

A-CITEEC

Mércores, 9 de Setembro de 2020

Acadan o premio pola publicación “A new approach to expandable structures: crossed expandable frames (X-Frames)”

Catro investigadores do Grupo de Estruturas Arquitectónicas GEA da Agrupación Estratéxica CITEEC foron distinguidos co premio Tsuboi Award, concedido pola International Association for Shell and Spatial Structures (IASS) pola publicación “A new approach to expandable structures: crossed expandable frames (X-Frames)”.

Manuel Muñoz VidalIsaac Rodrigo López CésarJuan Bautista Pérez Valcárcel e Félix Leandro Suárez Riestra reciben este premio, de recoñecido prestixio no eido do deseño estrutural e arquitectónico, na categoría de artígo máis meritorio da Journal of the IASS do ano 2019. Os Premios Tsuboi honran a memoria do Profesor Yoshikatsu Tsuboi (Japón, 1907-1990), ex-Presidente e Membro Honorífico da IASS, e as súas destacadas contribucións no eido do deseño de estruturas espaciais. O premio Tsuboi será entregado durante o Simposio da IASS do próximo ano que se celebrará en Guildford, Reino Unido.

A través da seguinte ligazón pódese acceder ao resumo deste traballo: https://doi.org/10.20898/j.iass.2019.202.034