Olimpíada de Camiños, Canais e Portos 2020

 

 

O martes 18 de febreiro do 2020 terá lugar a fase local da II Olimpíada Nacional de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, organizada pola ETSECCP, a Agrupación Estratégica CITEEC, a Fundación da Enxeñería Civil de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e a Universidade da Coruña.

O curso pasado tivo lugar a primeira edición destas olimpíadas coa participación de seis equipos. Na edición de 2020 redoblamos esforzos na organización e participarán 24 equipos, polo que esperamos recibir a 120 alumnos da ESO de 17 institutos e colexios de Educación Secundaria de toda Galicia.