Gran expectación internacional pola rotura da viga más grande de Europa ensaiada nun laboratorio

Gran expectación internacional pola rotura da viga más grande de Europa ensaiada nun laboratorio

CITEEC

Xoves, 30 de Xaneiro de 2020

No laboratorio de Construcción do CITEEC ensaiouse a viga máis grande Europa dentro do Proxecto HORVITAL

Este ensaio forma parte do proxecto HORVITAL, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, e no que participan a Universidade da Coruña, a Universidad Politécnica de Valencia (UPV), a Universitat de les Illes Balears (UIB) e a Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), coordinado por esta última, destinado a investigar diferentes aspectos das estruturas de formigón para a extensión da súa vida útil. O subproxecto SP4, desenvolvido polo equipo da UDC que coordina o profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Fernando Martínez Abella, ten como misión específica analizar o fenómeno denominado “efecto tamaño”. Para isto, foi necesario fabricar e ensaiar, unha serie de vigas de gran tamaño, de entre 6 e 12 metros de lonxitude e de entre 1 e 2 metros de canto.

A rotura da viga xerou unha gran expectación dentro da comunidade científica, deixando diversos titulares nos medios de comunicación:

Televisión de Galicia: “A viga de formigón máis grande de Europa, a proba nos laboratorios da Universidade da Coruña”
El Correo Gallego: “El hormigón de la viga récord de Europa tenía que aguantar un 30 o 40 % más antes de romper”
La Voz de Galicia: “Un ensayo de la UDC revela errores de cálculo en la resistencia del hormigón”
La Opinión de A Coruña: “La grieta que acaparó todas las miradas”
NIUS diario: “Investigadores de A Coruña rompen la viga de hormigón (con armadura trasversal) más grande del mundo”
Diario de Mallorca: “La UIB participa en la rotura controlada de una viga gigante de 14 toneladas”

A predición da resistencia a cortante foi un dos temas abertos a debate máis importantes no ámbito do formigón estrutural. Algúns dos grupos de investigación máis prestixiosos do mundo investigan neste tema. Posto que os ensaios de HORVITAL son singulares, o equipo de investigación gCONS da Universidade da Coruña lanzou un reto científico internacional: todos os especialistas do mundo que o desexen poden enviar as súas predicións. Ata o momento interesáronse polo proxecto especialistas do resto de España e de Corea, Alemaña, Estados Unidos, Brasil ou Croacia.

Os ensaios plantexados neste proxecto son singularidades internacionais:

  • A viga de 12 metros sen armadura transversal (barras verticais internas de aceiro) é a viga sen armadura transversal máis grande do mundo ensaiada a cortante nun laboratorio. Este ensaio xa se fixo na UDC.
  • A viga de 12 metros con armadura transversal, que se romperá en público mañá mércores 29 de xaneiro, é a viga con armadura transversal máis grande ensaiada a cortante nun laboratorio europeo.
  • Algunhas das vigas de todas as series se repararán posteriormente exteriormente con Polímeros Reforzados con Fibra de Carbono e volverán a ensaiarse máis adiante. Outras se reforzarán exteriormente con Aleacións con Memoria de Forma. En ambos os dous casos, serán as vigas reforzadas máis grandes do mundo ensaiadas nun laboratorio.

 

Fonte: Universidade da Coruña

Vídeo do momento da rotura