Ciclo BIM: “Interoperabilidad, la importancia del lenguaje de comunicación”

 

 

O vindeiro xoves 12 de Decembro terá lugar a última conferencia + taller do primeiro Ciclo “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería”. A conferencia titulada “Interoperabilidad, la importancia del lenguaje de comunicación“, será impartida por José Romero Fernández e André Garrido Iglesias (Arquitectos Técnicos) ás 12:30 na Sala de Graos da ETSE de Camiños, Canais e Portos.

O taller, titulado “Control de calidad en BIM Solibri y Navisworks“, será impartido na Aula 2.02 do Edificio de Área Científica da UDC. O horario do taller será de 16:30 a 19:30. Polas características da aula, recoméndase traer ordenador portátil persoal cos softwares Solibri e Navisworks instalados. Ambos programas contan con versións de proba gratuitas.

Aínda quedan plazas dispoñibles para este taller. Pódese facer a inscrición a través do seguinte enlace: Inscrición