Ciclo BIM: “Flujo de trabajo y análisis energético entre BIM y EnergyPlus: caso de estudio del hospital en Perú”

 

 

O vindeiro mércores 27 de Novembro hai unha nova conferencia + taller do Ciclo “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería”. A conferencia titulada “Flujo de trabajo y análisis energético entre BIM y EnergyPlus: caso de estudio del hospital en Perú“, será impartida por David Bienvenido Huertas (Enxeñeiro de Edificación) ás 12:30 no Salón de Graos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

O taller, titulado “Aplicación de medidas de ahorro energético avanzadas: temperaturas de consigna adaptativas“, será impartido na Aula de informática da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia na ETSE de Camiños, C. e P. O horario do taller será de 16:30 a 19:30.

Aínda quedan plazas dispoñibles para este taller. Pódese facer a inscrición a través do seguinte enlace: Inscrición