Xornada de presentación de resultados do proxecto ALFILLER

 

Xornada de presentación de resultados do proxecto: “ALFILLER: Valorización del filler de recuperación de plantas asfálticas para el desarrollo de eco-productos de base cemento”

O luns 18 de Novembro, ás 10:45 h, presentaranse na Sala de Graos 2 da E.T.S. de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos de A Coruña os resultados da anualidade 2019 do proxecto ALFILLER.

Trátase dun proxecto de I+D+i desenvolto polo Grupo de Construción (gCons) da Agrupación Estratéxica CITEEC na Universidade da Coruña, en colaboración coas empresas EXTRACO S.A., Prefhorvisa Outeiro S.L., Galaicontrol S.L. e Renga Enerxía S.L.

Neste acto participarán investigadores do gCONS e representantes do consorcio de empresas que desenvolven o proxecto. A xornada está aberta a toda a comunidade universitaria e persoas interesadas na temática do proxecto.

O proxecto ALFILLER foi seleccionado na convocatoria competitiva CONECTAPEME 2018 para ser cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación-GAIN (Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia) no trienio 2018-2020 (Ref. IN852A 2018/39) a través de Fondos FEDER.