Ciclo BIM: “Introducción al modelado paramétrico con Grasshopper”
O vindeiro xoves 7 de Novembro hai un novo taller do Ciclo “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería”. O taller, titulado “Introducción al modelado paramétrico con Grasshopper“, será impartida por José Antonio Vázquez Rodríguez (Arquitecto) na Aula 3 do Laboratorio de Deseño Asistido da ETS. de Arquitectura (5º andar). O horario do taller será de 16:30 a 20:30.
Neste taller traballarase cos seguintes softwares:
- Grasshopper.
- Rhino (versión 5 / 6).
Aínda quedan plazas dispoñibles para este taller. Pódese facer a inscrición a través do seguinte enlace: Inscrición