Membros do CGM reciben o premio ao Mellor Proxecto de I+D+i na Feira INNOVACARRETERA 2019

Membros do CGM reciben o premio ao Mellor Proxecto de I+D+i na Feira INNOVACARRETERA 2019

A-CITEEC

Mércores, 6 de Novembro de 2019

O proxecto que leva por título “Comportamiento mecánico de mezclas asfálticas recicladas in situ con emulsión bituminosa y su impacto en el dimensionamiento de firmes: investigación del período de maduración” (BIA2016-80317-R/AEI/10.13039/501100011033), recibiu o premio ao Mellor Proxecto de I+D+i na quinta edición da Feira bienal de Demostración Tecnolóxica do Sector das Infraestruturas Viarias “INNOVACARRETERA 2019”. Este evento estivo organizado pola Plataforma Tecnolóxica Española da Estrada e tivo lugar en Santiago de Compostela os días 29, 30 e 31 de outubro de 2019.

No marco do proxecto citado, Pablo Orosa Iglesias presentou o traballo titulado “Estudio comparativo de dos métodos de diseño para mezclas asfálticas recicladas en frío in situ con emulsión bituminosa en laboratorio”, que ten por autores (por orde de sinatura) a Pablo Orosa Iglesias, Ana María Rodríguez Pasandín e Ignacio Pérez Pérez. Todos os autores pertencen ao Grupo de Estradas, Xeotecnia e Materiais (CGM, siglas en castelán) da Agrupación Estratéxica CITEEC.  Pablo Orosa Iglesias é Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e está contratado con cargo á axuda predoutoral FPI de código BES-2017-079633 e está actualmente realizando a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Ignacio Pérez Pérez e Ana María Rodríguez Pasandín.