Xornada Proxecto COOP: “Conducción cooperativa en autopista: estrategias de gestión en un sistema mixto – vehículos autónomos y tradicionales”
O vindeiro 17 de outubro, na Sala de Graos da ETSE de Camiños, Canais e Portos, celebrarase a xornada sobre o Proxecto COOP “Conducción cooperativa en autopista: estrategias de gestión en un sistema mixto – vehículos autónomos y tradicionales“, organizada pola Agrupación Estratéxica CITEEC en colaboración co Grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais.
O obxectivo do proxecto COOP é modelización da condución cooperativa entre vehículos autónomos en autoestradas, en contextos de circulación mixta xunto a vehículos tradicionais. Concretamente, apóstase pola cooperación en forma de platooning. Proponse un modelo macroscópico robusto a nivel de carril que permite reproducir o comportamento de carrís mixtos para distintos niveis de participación do vehículo autónomo. Entre outros factores analízanse estratexias de xestión con carrís mixtos ou dedicados, a velocidade de circulación do platoon, a súa lonxitude e as separacións óptimas entre vehículos conectados. O modelo mencionado permite determinar as dinámicas de tráfico para distintas xeometrías de estrada así como para diferentes niveis de penetración de vehículos autónomos. Este modelo conforma o punto de partida para a definición de esquemas de xestión de platoons en autoestradas, que deberá ser levada a cabo nun modelo de simulación deseñado ad hoc.
Esta xornada é unha iniciativa ligada ao proxecto de investigación “Proyecto COOP”, financiado por el Ministerio de Economía y Competitividad (TRA2016-79019-R).