Responsables da empresa AQUALIA visitan as instalacións do CITEEC

Responsables da empresa AQUALIA visitan as instalacións do CITEEC

A-CITEEC

Martes, 15 de Outubro de 2019

Representantes da empresa AQUALIA visitaron hoxe o CITEEC. Roberto Fernández, responsable do proceso de depuración en Galicia, e José R. Vázquez, do departamento de Innovación e Tecnoloxía, destacaron as capacidades do centro en materia de investigación e transferencia tecnolóxica, especialmente no eido da Enxeñería da Auga e da súa xestión en contornas urbanas. AQUALIA ven participando en numerosos proxectos de investigación a nivel europeo, nacional e rexional; dende a identificación de oportunidades ata a implementación dos resultados, enfocados a mellorar a calidade, a sustentabilidade, a xestión intelixente e a ecoeficiencia no sector da Enxeñería da Auga. Neste percorrido polas instalacións estiveron acompañados polo Director da Cátedra EMALCSA-UDC e profesor investigador do GEAMA, Joaquín Suárez.