Seminario sobre a investigación no campo da Enxeñería do Vento

O mércores 18 de setembro, o profesor Kenny Kwok (University of Sydney) dará unha charla na ETSE de Camiños, Canais e Portos sobre novos métodos de produción de enerxía eléctrica en edificios a partir da acción do vento. A presentación terá lugar ás 12:45, na Sala de Graos I, e a duración prevista é de 1 hora.

O profesor Kwok é un dos principais expertos a nivel mundial en enxeñería do vento (este ano recibiu a Medalla Davenport, otorgada pola IAWE, e a Medalla Jack E. Cermak, otorgada pola ASCE), e vainos presentar a investigación que realizou durante os últimos anos en xeración de enerxía eólica en contorna urbana.