XVI Premio Abertis de investigación á profesora Margarita Martínez

XVI Premio Abertis de investigación a la profesora Margarita Martínez

A-CITEEC

Martes, 23 de Xullo de 2019

Premio Abertis Margarita Martínez

A nosa compañeira, a profesora Margarita Martínez Díaz, foi galardoada co Premio Abertis de Investigación en Xestión de Infraestruturas do Transporte pola súa tese de doutoramento, titulada “Highway travel time information systems: from traditional to cooperative driving environments”. Esta tese foi dirixida polos profesores Ignacio Pérez (UDC) e Francesc Soriguera (UPC-BarcelonaTech).

Margarita, que pertence ao grupo de investigación “Carreteras, Geotecnia y Materiales” (CGM) da Agrupación Estratéxica CITEEC, recibirá ex aequo este primer premio na súa XVI edición en España, nun acto que terá lugar o 3 de outubro de 2019 en Barcelona. Este galardón concédeno profesionais de recoñecido prestixio no ámbito do transporte, tanto do sector universitario como empresarial, incluíndo aos propios directivos da empresa Abertis. Esta empresa é líder como operador a nivel mundial no que se refire a número de kilómetros de autoestradas e infraestruturas de telecomunicacións xestionados.

O traballo de Margarita introduce unha metodoloxía de fusión de datos para a predición a corto prazo dos tempos de viaxe en tempo real. En particular, utilizase a acumulación de vehículos nunha sección, explotando as capacidades preditivas desta información con significado espacial. O modelo baséase na fusión de medidas directas e indirectas do tempo de viaxe, realizando a aliñación espazo-temporal necesaria en cada caso. Utiliza unha cantidade moderada de medidas directas, obtidas ben a partir de sistemas de identificación automática de vehículos (AVI), ou ben de tecnoloxías de seguimento como o GPS. Deste modo, é aplicable na actualidade e adaptase perfectamente as futuras contornas de condución, nos que os vehículos conectados serán tamén sensores activos, e a precisión da información un requisito indispensable para a xestión adecuada das redes de estradas.

Acceso a tese: Repositorio Universidade da Coruña