Xornada de Portas Abertas nas Escolas Técnicas da UDC

Xornada de portas abertas nas Escolas Técnicas da Universidade da Coruña

O vindeiros días 21 e 22 de xuño organízanse xornadas de portas abertas na Universidade da Coruña (UDC). As escolas de Arquitectura e Arquitectura Técnica (Zapateira – A Coruña), Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (Elviña – A Coruña) e Enxeñería Industrial (Ferrol) abren as súas portas a estudantes e familiares interesados por coñecer as titulacións técnicas que se ofrecen na UDC. A Escola de Enxeñería Industrial abrirá o venres 21, mentres cas escolas de Arquitectura, Arquitectura Técnica e de Enxeñería de Camiños, C. e P. farano o sábado 22.

Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos abrirá en horario de 10:00 a 13:00 h. Durante esta xornada realizaranse presentacións da oferta académica de forma continua e individualizada para estudantes e familiares que queiran coñecer o Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil e o Grao en Enxeñería de Obras Públicas, o acceso ao Máster de Enxeñería de Camiños, C. e P. e Máster Internacional de Enxeñería da Auga e as actuais saídas profesionais. Ademais, haberá a posibilidade de visitar as aulas e os laboratorios da Escola de Camiños e de visitar en grupos o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC), punteiro nas investigacións no eido da Enxeñería Civil a nivel internacional.