Conferencia de Pere Malgrat Bregolat organizada pola Cátedra EMALCSA-UDC

Presente e futuro da xestión da drenaxe urbana: da xestión tradicional á xestión avanzada ou “smart”

A Cátedra EMALCSA-UDC celebrará o próximo 24 de maio, ás 12,30h na sede de EMALCSA (Casa da Auga), unha conferecia de Pere Malgrat Bregolat na que colaboran a empresa EDAR Bens e a Agrupación Estratéxica CITEEC.

Pere  Malgrat é actualmente o Xefe do Departamento de Espazo Urbano do Concello de Barcelona, e consultor estratéxico en drenaxe urbana e  resiliencia.

Os seus 34 anos de experiencia profesional estiveron dedicados á planificación, proxectos, direccións de obra, explotación e mantemento de sistemas de drenaxe urbana e outros servizos urbanos, incluíndo novas tecnoloxías  smart. Destacan entre os seus traballos a Dirección de Plans Directores e Proxectos de grandes infraestruturas de drenaxe urbana en Barcelona, Madrid, Lisboa,  Bristol, Santiago de Chile ou Orán entre outros.

É o Presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de  AEAS (Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento), e Coordinador de drenaxe urbana e  resiliencia en  EUREAU(Asociación Europea do sector).

Foi Presidente da Comisión de Drenaxe Urbana de AGBAR desde o 1995 ao 2014 e líder do  Program  Advisory  Commitee de Drenaxe Urbana de Suez, que se encarga de impulsar os proxectos de I+D+i de drenaxe urbana de Suez a nivel mundial desde o 2014 ao 2018. Dirixiu tamén numerosos proxectos de I+D+i e normativas de drenaxe urbana a nivel nacional e internacional.

Máis información e inscrición á conferencia:

Conferencia Pere Malgrat Bregolat