INTERLABS: Xornada de Divulgación Científica entre Estudantes. 23 Maio/2019

2ª Edición da Xornada de Divulgación Científica entre Estudantes. INTERLABS

A Agrupación Estratéxica CITEEC xunto ca Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC acolle a primeira edición da Xornada de Divulgación Científica INTERLABS. Esta xornada celebrarase o vindeiro 23 de Maio na Sala de Grados da propia Escola ás 12:45 e terá unha hora de duración.

Os/As protagonistas serán estudantes que presentarán traballos de investigación. Cada presentación contará con 7′ minutos de exposición e 3′ de preguntas. Para participar deberase enviar un resumo dunha páxina ao enderezo electrónico agrupacion.citeec@udc.es antes do 15 de maio. Nota: non é necesario que volvan a enviar o resumo os/as estudantes que xa o presentaron para a edición pasada.

Esta iniciativa pretende dar maior visibilidade ás investigacións que se levan a cabo tanto na Escola como no CITEEC, crear un punto de encontro entre estudantes de doutoramento con toda a comunidade universitaria (pas, alumnado de grado/master, pdi…) e promover, na medida do posible, a interacción entre grupos/áreas/departamentos que facilite a cooperación e o enfoque multidisciplinar.