Xornada Técnica sobre Formigón Fibro-Reforzado

Xornada Técnica sobre Formigón Fibro-Reforzado

O martes 7 de Maio celebrarase na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos unha xornada que tratará entre outros temas:

  • Todas as aplicacións que se poden realizar con formigóns reforzados con fibras.
  • Fundamentos para o deseño e cálculo de estruturas con formigón fibro-reforzado.
  • Todas as vantaxes e aportacións en comportamento mecánico, durabilidade e economía.

O formigón armado considérase como un dos materiais de construción por excelencia na obra civil, sendo o aceiro o seu reforzo convencional. Dende fai tempo e cada vez con máis intensidade, a industria do formigón estase focalizando na procura e no emprego de reforzos alternativos, sendo o emprego de macrofibras o máis relevante. Dentro das macrofibras, débese destacar co uso das poliméricas estase estendendo dunha forma máis acelerada debido as vantaxes que presentan a nivel económico, durabilidade, manexo e sustentabilidade.

Máis info sobre a xornada: https://www.master-builders-solutions-basf.es/profesionales/cursos