Xornada de Portas Abertas CITEEC. Equipos de Orientación de Centros Educativos

Xornada de Portas Abertas ao CITEEC. Equipos de Orientación de Centros Educativos
Data: xoves, 2 de Maio de 2019
Nesta xornada falarase sobre a situación actual dos sectores da Enxeñería Civil e da Edificación e presentaranse as oportunidades que ofrecen actualmente os graos e másteres nestas áreas vinculadas ao centro. Estas presentacións irán acompañadas dunha visita as instalacións do CITEEC, que é unha infraestrutura singular á vangarda internacional das novas tecnoloxías, a innovación e a sustentabilidade.
Programa da xornada:
- 11.00 Benvida a asistentes na Aula de Visualización do CITEEC.
- 11.15 Presentación da Oferta Académica de Graos e Másteres especializados en enxeñería civil e edificación con vinculación ao CITEEC.
- 12.00 Visita ás instalacións.
- 13.30 Intercambio de impresións e suxestións por parte de asistentes.
- 14.00 Fin da xornada.
Inscrición: A inscrición pódese facer a través do email da agrupación (agrupacion.citeec@udc.es), indicando o nome da persoa e o centro educativo do que procede.