Ethel Vázquez destaca o CITEEC como polo de coñecemento e investigación que facilita o labor dos enxeñeiros e contribúe a incrementar o benestar dos cidadáns e a competitividade de Galicia
facilita o labor dos enxeñeiros e contribúe a incrementar o benestar dos cidadáns e a competitividade de Galicia
GALICIA
Miércoles, 20 de Marzo de 2019
Indica que neste espazo se analiza desde a resistencia ou o comportamento de materiais que se empregan na construción de estradas ata a última tecnoloxía ferroviaria ou portuaria ou os sistemas máis innovadores en saneamento
Sinala que os laboratorios destas instalacións cobren practicamente todas as grandes áreas de actividade da edificación e da enxeñería civil: estradas e xeotecnia, construción, hidráulica, enxeñería ferroviaria e transportes, entre outras
Subliña que “Galicia conta cun moi bo sector da enxeñería reflectido nos profesionais e empresas que destacan en todo o mundo polo seu bo facer no eido do medio ambiente, da ordenación do territorio, da aeronáutica ou da I+D”
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou hoxe o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña, do que salientou que
é un polo de coñecemento e investigación que facilita o labor dos enxeñeiros e contribúe a incrementar o benestar dos cidadáns e a competitividade de Galicia.
Vázquez Mourelle explicou que se trata dun centro de referencia que dende o ano 2.000 desenvolve investigacións punteiras nunhas instalacións modernas para albergar ensaios de gran envergadura nos distintos eidos da enxeñería civil.
Os seus laboratorios cobren practicamente todas as grandes áreas de actividade da edificación e da enxeñería civil: estradas e xeotecnia, construción, hidráulica, enxeñería ferroviaria e transportes, entre outras.
Os traballos neste centro permiten analizar desde a resistencia, a durabilidade ou o comportamento de materiais e estruturas que se empregan cada día na construción de estradas ata a última tecnoloxía ferroviaria ou portuaria, pasando polos sistemas máis innovadores en materia saneamento.
A conselleira subliñou que “Galicia conta cun moi bo sector da enxeñería reflectido nos profesionais e empresas que destacan en todo o mundo polo seu bo facer no eido do medio ambiente, da ordenación do territorio, da aeronáutica, da saúde ou da loxística”.



