Xornada de presentación de proxectos CONECTA-PEME 2018

A UDC presenta 4 proxectos CONECTA-PEME 2018
A Escola de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da UDC acolleu o pasado 26 de febreiro unha xornada de difusión de proxectos CONECTA-PEME 2018 organizada pola Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO), a Agrupación Estratéxica CITEEC (A-CITEEC), e a propia escola. Os proxectos que presentados foron:
- PRET-A-BICO: desenvolvemento dun sistema de tabiquería prefabricada lixeira de alto rendemento.
- EMTYS: equipo multiproceso térmico e simulación CFD e DES.
- MODUL: modularidade integral para a instalación de sistemas de enerxías 100% renovables en emplazamentos remotos.
- FLOMAR: novas metodoloxías e deseños para a fabricación de rompeolas e pantaláns flotantes de formigón (Floatin Concrete).
O encontro onde acercáronse os obxectivos da A-CITEEC de cara ao futuro, serviu para estreitar lazos entre as distintas empresas e os grupos de investigación da A-CITEEC en proxectos de I+D+i.