A empresa Misturas galardoada nos IV Premios PYME do Ano de Ourense

A empresa Misturas galardoada nos IV Premios PYME do Ano de Ourense

A-CITEEC

Venres, 4 de Decembro de 2020

A entidade colaboradora da Agrupación Estratéxica CITEEC obtivo o accésit de “Dixitalización e Innovación 2020”

A empresa Misturas, entidade colaboradora da Agrupación Estratéxica CITEEC, foi unha das galardoadas nos IV Premios PYME do Ano de Ourense, convocados anualmente polo Banco Santander e a Cámara de Comercio de España. En concreto, Misturas obtivo o accésit de “Dixitalización e Innovación 2020” tras presentar o proxecto de I+D EMULCELL, que desenvolve novas emulsións bituminosas aditivadas con nanocelulosa, para obter mesturas asfálticas en frío melloradas e medioambientalmente sostibles. Neste proxecto Misturas contou coa colaboración do grupo de investigación de Estradas, Xeotecnia e Materiais CGM da Agrupación Estratéxica CITEEC e o CETIM Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial, e co apoio do CDTI Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (Ref. IDI-20171097).