Modelización híbrida físico-numérica para a adaptación ao risco de inundacións

Modelización híbrida físico-numérica para a adaptación ao risco de inundacións

A-CITEEC

Luns, 30 de Novembro de 2020

A Agrupación Estrtéxica CITEEC pon en marcha unha instalación de realidade aumentada para evaluar e visualizar áreas con risco de inundación

Dentro dos Modelos Experimentais de Deseño Urbano Sensible a Auga (MEDUSA), asociados ao Laboratorio de Hidráulica do CITEEC, incluíuse unha nova instalación de realidade aumentada para evaluar e visualizar a escala as áreas con risco de inundación. O MEDUSA-6 foi posto en marcha pola Agrupación Estratéxica CITEEC, coa axuda de investigadores/as dos grupos de investigación GEAMA e VAC. A idea coa que se concibiu este módulo e similar á da coñecida AR-Sandbox pero, neste caso, o desenvolvemento do software é propio. Diferénciase tamén en que permite obter os datos das elevacións do terreo rexistradas por unha Kinect e integra o modelo de simulacións hidráulicas Iber. Estas melloras fan posible a análise do risco de inundacións sobre unha conca escala, representada nun caixón de area de dimensións 2.4 m x 2.4 m.

No seguinte exemplo utilizouse o MEDUSA-6 para amosar diferentes estratexias que eviten os danos provocados polas inundacións en explotacións agropecuarias. EVITAR, TOLERAR, RESISTIR e RETIRAR son as medidas máis adecuadas nestes casos para protexer as infraestruturas, equipamentos e edificacións auxiliares.

Para máis información, acábase de publicar un artigo sobre esta instalación na Revista WATER e que é de acceso libre: Puertas, J.; Hernández-Ibáñez, L.; Cea, L.; Regueiro-Picallo, M.; Barneche-Naya, V.; Varela-García, F.-A. An Augmented Reality Facility to Run Hybrid Physical-Numerical Flood Models. Water 2020, 12, 3290. https://doi.org/10.3390/w12113290