Reunión telemática do Comité Asesor Científico Externo da A-CITEEC

Reunión telemática do Comité Asesor Científico Externo da A-CITEEC

A-CITEEC

Venres, 23 de Outubro de 2020

Avaliación positiva por parte do Comité Asesor Científico Externo neste curso 2019/2020

Onte tivo lugar a reunión, nesta ocasión telemática, do Comité Asesor Científico Externo da Agrupación Estratéxica CITEEC, composto por investigadores/as internacionais e profesionais do sector da enxeñería civil e a edificación de recoñecido prestixio. Nela avaliouse de forma positiva o traballo desenvolto durante o curso 2019/2020, destacando as modificacións do Plan Estratéxico coa definición de tres áreas tecnolóxicas, coas que se pretenderá acadar a excelencia investigadora; dun novo DAFO, e dunha nova gobernanza cara a que virará a A-CITEEC. Ademais, presentouse o Catálogo de Servizos coas principais liñas investigadoras e repasáronse as actividades feitas no curso pasado. Agradecemos aos membros do Comité pola súa disposición e polos seus comentarios, os cales os teremos moi en conta para a mellora e progresión da Agrupación.