O GEAMA acada o Premio Impulsa outorgado polo Consello Social da Universidade da Coruña

O GEAMA acada o Premio Impulsa outorgado polo Consello Social da Universidade da Coruña

A-CITEEC

Venres, 25 de Setembro de 2020

Acada o premio ao grupo de investigación da UDC máis competitivo 2019/2020 no eido da investigación e transferencia de coñecemento, a obtención de financiamento e a contribución a internacionalización

O Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente GEAMA da Agrupación Estratéxica CITEEC recibe o Premio Impulso UDC, outorgado polo Consello Social UDC ao grupo de investigación da Universidade da Coruña máis competitivo no eido da investigación e transferencia de coñecemento, a obtención de financiamento e a contribución a internacionalización da universidade. O GEAMA recibe este galardón “pola súa extensa actividade de creación e transferencia de coñecemento innovador e unha considerable capacidade de obter recursos económicos de institucións públicas e privadas, conseguindo un financiamento superior aos 8 millóns de euros para o desenvolvemento de máis de 60 proxectos e contratos, executados nos últimos dous anos.”

Nesta mesma convocatoria de premios, a Empresa Municipal de Augas da Coruña EMALCSA, entidade colaboradora da Agrupación Estratéxica CITEEC, recibe o Premio Confianza UDC pola notable colaboración coa universidade mediante a xestión sustentable da auga, enmarcada na Cátedra EMALCSA-UDC, e o impulso de proxectos de investigación, coa aportación económica que supera o millón de euros.