O GEAMA recibe unha das axudas do European Geosciences Union dentro do programa Higher Education teaching grant

O GEAMA recibe unha das axudas do European Geosciences Union dentro do programa Higher Education teaching grant

A-CITEEC

Luns, 13 de Xullo de 2020

Integrantes do GEAMA en colaboración coa UPC reciben unha das 14 axudas en materia de formación en High Education

O Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente GEAMA da Agrupación Estratéxica CITEEC atópase entre os beneficiarios do novo programa de axudas para a ensinanza superior convocado pola European Geosciences Union EGU.

A finalidade deste programa é permitir a preparación de recursos didácticos que estarán dispoñibles gratuitamente para todos os que ensinan xeociencias a nivel universitario. A EGU, que conta con 20.000 membros dentro da comunidade científica internacional, estableceu este programa despois de que unha enquisa realizada entre educadores universitarios indicase que existía unha demanda grande de recursos de ensinanza en xeociencias.

A EGU concedeu un total de 14 subvencións coa esperanza de que os recursos producidos sexan de utilidade para a comunidade docente universitaria en resposta aos grandes desafíos educativos. O proxecto polo que foi seleccionado o GEAMA titúlase “River flood hazard modelling and management” no que tamén colaboran investigadores da UPC. Baséase nun programa de formación co modelo de simulación Iber para fluxos de augas superficiais e de procesos de transporte en ríos e estuarios.

River flood hazard modelling and management. This project at the Universidade da Coruña, Spain uses freely available software to investigate estimation of design flood discharges, map inundation hazards and define strategies to manage flood risks. Real-world data will be provided, and it will be possible to substitute local data from other rivers into the practical sessions.

Fonte: European Geosciences Union