After-Covid19: O papel da Enxeñería Civil e da Edificación nun novo escenario

 

 

A Agrupación Estratéxica CITEEC organiza o vindeiro xoves 21 de maio de 12:00 a 14:00 horas a xornada en liña “After-Covid19: O papel da Enxeñería Civil e da Edificación nun novo escenario” na que investigadores/as da Universidade da Coruña comentarán dende diferentes perspectivas, as consecuencias desta crise sanitaria no ámbito da Enxeñería Civil e a Edificación.

A xornada divídese en dous bloques de intervencións, nos que haberá unha quenda de preguntas ao final de cada un deles. O primeiro bloque comezará con dúas presentacións sobre os modelos de evolución de pandemias e a xestión de datos con técnicas de intelixencia artificial. Tamén se presentará a plataforma “A Clínica das Casas” que procura a mellora das condicións de habitabilidade durante o período de confinamento, e rematarase o bloque falando da importancia da xestión da auga como garantía de resiliencia fronte a catástrofes. Por outra banda, no segundo bloque trataranse ás repercusións da pandemia na mobilidade das persoas a nivel urbano e metropolitano, e nos avances cara unha mobilidade autónoma. Ademais, comentarase o impacto que ten esta situación no transporte de mercadorías e na industria 4.0.

Dadas as circunstancias actuais, esta xornada organizarase a través dun evento en directo por Teams.
ENLACE Á XORNADA (Este enlace está dispoñible para o público xeral).