A empresa EDAR BENS impulsa o estudo da incidencia do SARS-CoV-2 nas augas residuais da Coruña

A empresa EDAR BENS impulsa o estudo da incidencia do SARS-CoV-2 nas augas residuais da Coruña

A Coruña

Luns, 20 de Abril de 2020

A partir de mostras diarias na estación depuradora da Coruña preténdese estimar o número de casos infectados

A empresa pública de depuración de augas de A Coruña, EdarBens SA, puxo en marcha un proxecto de investigación para medir nas augas residuais a incidencia do SARS-Cov-2, causante da enfermidade por coronavirus (Covid-19), e estimar así o número de infectados na población.

O proxecto, no que colaboran Universidade da Coruña (UDC) e o grupo de investigación de microbioloxía do Instituto de Investigación Biomédica (Inibic), consistirá na análise da carga viral presente nas augas residuais e lodos da depuradora de Bens.

Segundo explica EdarBens nun comunicado, o estudo, similar aos que se desenvolven en plantas depuradoras de Países Baixos e Suecia, permitirá predicir futuros brotes e deseñar sistemas que impidan a propagación ambiental do virus, ante a imposibilidade de realizar test a toda a cidadanía.

A responsable do proxecto será Margarita Poza Domínguez, investigadora do Inibic. “El trabajo no solo permitirá monitorizar el estado de la epidemia en nuestra región, sino que servirá también para hacer estudios sobre organismos multirresistentes y de metagenómica”, explica no artigo de La Opinión de A Coruña. O director xeral da depuradora, Carlos Lamora, indica neste mesmo artigo que o estudo “va a permitir medir la concentración del virus en las heces y la orina de la población de A Coruña y su entorno”. De esta forma, los datos “pueden ser válidos para saber cuántos ciudadanos están infectados”, contabilizando tamén aos asintomáticos.

EdarBens investirá 50.000 euros no proxecto, que se desenvolverá durante seis meses nos que o persoal da depuradora tomará mostras de augas residuais e lodos nos municipios aos que presta servizo: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. As mostras tomaranse en diferentes zonas ou áreas atendendo a parámetros como a densidade de poboación ou o perfil da mesma, por exemplo poboacións novas fronte a poboacións envellecidas. Ás instalacións de Bens chegan as augas residuais de catro centros hospitalarios da área sanitaria coruñesa que actualmente acollen persoas infectadas co SARS- CoV2: o Hospital da Coruña, o Hospital Modelo, o Quirón e o San Rafael.

Fonte: La Opinión de A Coruña