Coronavirusmakers contra o COVID19 na Agrupación Estratéxica CITEEC

Coronavirusmakers contra o COVID19 na Agrupación Estratéxica CITEEC

A- CITEEC

Mércores, 25 de Marzo de 2020

A través de impresións en 3D varios investigadores da A-CITEEC están colaborando na producción de viseiras de protección sanitarias

Non se coñecían pero conseguiron reunirse ao redor dunha canle da rede social Telegram para producir pezas de protección fronte ao coronavirus. «Se organizó a toda velocidad y la rueda ya está rodando», comenta José Antonio Vázquez, investigador do Grupo de Estruturas Arquitectónicas GEA e un dos 1.300 colaboradores galegos na plataforma Coronavirusmakers, cuns 10.000 participantes en toda España.

«Es una comunidad abierta y no hay nombres, colaboramos de una forma transversal y, por supuesto, no hay ningún ánimo de lucro», destaca o docente. O grupo de Galicia está envorcado na impresión 3D de máscaras de protección. «Una especie de visera con una lámina de PVC transparente», detalla Félix Sánchez- Tembleque, outro colaborador e profesor tamén da UDC, no seu caso, no Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente GEAMA.

«Hay una homologación, unos modelos oficiales. Esos son los que nosotros recomendamos. Hemos conseguido optimizar su diseño en apenas un día y tenemos máquinas de corte láser. Si ayer una visera necesitaba dos horas y media, hoy son 45 minutos menos», explica Vázquez.

Están divididos en catro grupos. Mentres uns encárganse da produción, outros deseñan e fan probas coas que obteñen os parámetros de impresión e outros se dedican aos provedores. «Buscamos filamentos de impresión para que las impresoras no se paren. Además, en Vigo empezaron a hacerse las primeras pruebas con una empresa vinculada a la farmacia y estamos organizando la distribución con compañías del ámbito sanitario. Hay mucha gente aportando recursos», continúa Vázquez.

Estas viseiras ou máscaras son un «complemento de prevención», matiza. Como a universidade está pechada estes días, os profesores leváronse as máquinas a casa. Só en Arquitectura dispoñen de seis.

Sobre a posibilidade de ampliar o espectro, Félix Sánchez- Tembleque, coa asociación coruñesa Bricolabs, adianta que están «tratando de replicar el respirador de Resistencia Team». Dentro de Coronavirusmakers, un grupo de Asturias fai o propio e espera a validación para outro, «un objeto mucho más complejo que las viseras», asente Vázquez. A adaptación de lentes de mergullo é outro campo que exploran. O que si descarta é que se poidan imprimir en 3D máscaras respiratorias. «Nunca pondrán ser completamente estancas ni, por tanto, válidas», advirte Vázquez.

Ademais de José Antnonio e Felix, hai varios investigadores do Cartolab, tamén pertencente á Agrupación Estrtéxica CITEEC, que están a colaborar de forma conxunta e transversal nesta iniciativa.

Fonte: La Voz de Galicia