A arte urbana e a enxeñería civil. Aplicación e experiencia no proxecto MonRiveR

 

 

Este xoves día 6 de febreiro terá lugar ás 12:45 na Sala de Visualizacións do CITEEC a seguinte conferencia:
A arte urbana e a enxeñería civil. Aplicación e experiencia no proxecto MonRiveR“, impartida por David Brey Vázquez (Doc Toy)

A interacción de elementos artísticos sobre compoñentes estruturais do mundo da enxeñería é unha constante da obra de DoctorToy, artista gráfico multidisciplinar que compaxina as súas pezas creativas coa súa investigación doutoral. A través da súa participación no proxecto MonRiver do Grupo CARTOLAB da Agrupación Estratéxica CITEEC temos a posibilidade de observar de preto o seu traballo e metodoloxía, unha exploración nos límites do formato, a técnica, os usos e aplicacións da obra e mesmo o desenvolvemento dos contidos. Este intercambio de ferramentas permite ao autor traspasar as fronteiras das disciplinas nun proceso que deriva cara a un resultado híbrido, unha arte máis aló da arte como advirte Claudia Gianetti, nun produto que enlaza elementos da arte, a Ciencia e a Tecnoloxía nun proceso de intercomunicación co resto da sociedade.

Máis información sobre o Proxecto MonRiveR