Fernando Varela Puga #ConversacoaUDC: “Proxecto HORVITAL, a ciencia da destrución”

A Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña e Radio Coruña Cadena SER, presentan a segunda entrevista do proxecto #Conversa coa UDC: unha iniciativa para divulgar ao público en xeral as actividades investigadoras da universidade.

O vindeiro xoves, día 31 de outubro, ás 19:30 horas encontrarémonos co noso compañeiro Fernando Varela, doutorando da Agrupación Estratéxica CITEEC, presentando a súa experiencia no proxectHORVITAL, a ciencia da destrución. Un estudo para coñecer o comportamento de materiais e estruturas como pontes en situacións límite a partir de experimentos que baterán récords de Europa e do mundo.

Este ciclo de conversas estase a realizar no café Santa Cruz, na rúa Padre Feijoo, n.º3 de A Coruña.