Xornada “Transporte Intelixente, Integrado e Sustentable”

Campus Innova, coa colaboración da Agrupación Estratéxica CITEEC e do Campus Sustentabilidade, celebra a xornada “Transporte Intelixente, Integrado e Sustentable” que terá lugar o luns 23 de setembro ás 10:00 horas no Salón de Grados da E.T.S.E. de Camiños, Canais e Portos.

O obxectivo da xornada é afondar sobre a investigación en transporte na Unión Europea e coñecer as liñas e proxectos de investigación que se están a desenvolver na Universidade da Coruña neste ámbito, co fin de establecer sinerxías entre os grupos da nosa universidade.

A inauguración da xornada contará coa participación do Director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro Saavedra, e coa conferencia “Evolución de la investigación en transporte en la Unión Europea” a cargo de Jaume Barceló Bugeda, profesor emérito do departamento de Estadística e Investigación Operativa da Universidad Politécnica de Catalunya e asesor estratéxico e membro do Consejo Científico de PTV Group.

A continuación, os grupos de investigación da UDC interesados en participar realizarán unhas presentacións breves sobre as liñas nas que están a traballar, así como as súas necesidades e intereses de colaboración.

A xornada finalizará cuns petiscos networking.

O programa será o seguinte:

  • 09:45 h – Apertura de portas e rexistro de asistentes
  • 10:00 h – Inauguración
  • 10:30 h – Conferencia “Evolución de la investigación en transporte en la Unión Europea”, Jaume Barceló Bugeda
  • 11:15 h – Primeiro bloque de presentacións dos grupos de investigación da UDC
  • 12:00 h – Pausa café
  • 12:30 h – Segundo bloque de presentacións dos grupos de investigación da UDC
  • 14:30 h – Petiscos networking