Visita dos polígonos industriais ao CITEEC

Visita ao CITEEC por parte de xestores dos polígonos industriais de A Coruña e Arteixo

O vindeiro venres 21 de xuño ás 10:00 organízase unha visita ao Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) para as asociacións de organización empresariais dos polígonos de A Grela, Sabón e Pocomaco, co obxectivo de achegar as capacidades de innovación tecnolóxica do CITEEC ao texido empresarial de A Coruña e da súa área metropolitana.