EDAR BENS firma un novo contrato de investigación e innovación coa Universidade da Coruña

EDAR BENS firma un novo contrato de investigación e innovación coa Universidade da Coruña

A-CITEEC

Martes, 20 de Xuño de 2019

A empresa EDAR BENS S.A. e a Fundación Universidade da Coruña firmaron un novo contrato de colaboración que consolida a estreita colaboración nas actividades de I+D+i establecida entre a empresa pública e a Universidade da Coruña.

EDAR BENS encargou á Sección de Enxeñería Sanitaria e Ambiental do GEAMA (grupo de investigación integrado na A-CITEEC) a colaboración nunha serie de actividades e estudos conducentes a apoiar aos concellos no control dos vertidos de augas residuais de carácter industrial ás redes de sumidoiros, así como a desenvolver unha serie de indicadores conducentes a mellorar o coñecemento que se ten dos diferentes elementos do sistema de saneamento, co fin de comprender mellor o seu funcionamento e poder tomar decisión que permitan unha xestión integrada eficiente. Estes indicadores tamén permitirán informar sobre o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 6 na cidade. Tamén procúrase avanzar no desenvolvemento dunha estratexia de reutilización planificada de auga residual na comarca.

As actividades que se realizarán neste contrato serán:

  1. Avanzar no GIS de saneamento de Área Bens.
  2. Deseño dunha estación móbil de control de vertidos industriais.
  3. Estudo para a adaptación das taxas/tarifas á contaminación de orixe industrial vertida ao sistema de saneamento.
  4. Análise de alternativas de desinfección do efluente da EDAR.
  5. Rexeneración de augas residuais e potencial de reutilización.
  6. Saneamento, drenaxe e ODS en A Coruña.
  7. Elaboración de material técnico divulgativo da EDAR de Bens adaptado a varios colectivos obxectivo.

 

O prazo de realización dos traballos estimouse en 9 meses e o importe total contratado foi de 41.000 € máis IVE.