A Agrupación

A Agrupación

Que é a Agrupación Estratéxica CITEEC?

Único polo de excelencia en I+D+i e transferencia singular do Sistema Universitario Galego no ámbito da enxeñería civil.

A Agrupación Estratéxica do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (A-CITEEC) é unha iniciativa de agregación de oito grupos de investigación da Universidade da Coruña.

Pretende mellorar e intensificar a investigación e a transferencia de coñecemento no ámbito da enxeñería e edificación sustentables co obxectivo de fomentar o benestar das persoas, o desenvolvemento económico e a optimizacion dos servizos ecosistémicos.

Emprega como ferramentas a análise experimental altamente tecnificada e a análise numérica.

Alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), as prioridades da Estratexia RIS3, da Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e Innovación 2013-2020 e da Estratexia Europea no H2020.

destacado_squa

Obxectivos

  • Xerar novas oportunidades de investigación e transferencia
  • Mellorar a competitividade
  • Obter un impacto social e ambiental
  • Fomentar a cooperación internacional
  • Estreitar as colaboracións
  • Promover o benestar das persoas