Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería. Ciclo de conferencias e talleres

Dada a crecente necesidade de aplicación das estratexias BIM (Building Information Modeling) no eido da enxeñería e da arquitectura, a Agrupación Estratéxica CITEEC propón a organización do ciclo de conferencias e talleres BIM titulado: “Metodoloxía BIM aplicada á arquitectura e á enxeñería“, co apoio da ETSE de Camiños, Canais e Portos, da ETS de Arquitectura e da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

Actualmente, en determinados concursos públicos xa se está esixindo este tipo de estratexias BIM para o desenvolvemento de proxectos construtivos de forma obligatoria, e a súa aplicación por parte das administracións públicas estará pronto recollida na lexislación.

Este ciclo conta con máis de 30 horas entre conferencias e talleres dedicadas a esta metodoloxía impartidas por expertos, e que están abertas a membros da A-CITEEC e a estudantes da UDC. Así mesmo, a asistencia ás conferencias tamén está aberta ao público xeral co obxectivo de atraer e crear vínculos con profesionais relacionados con esta metodoloxía.

Díptico do Ciclo BIM

A través do seguinte enlace pódese formalizar a inscripción ás conferencias e talleres de forma independente.

Calendario do ciclo: